Pestanas principais

Participa no obradoiro de 'Cociña de outono' que organiza a Aula da Natureza para este sábado 8 de novembro

Xoves, 6 novembro, 2025
A Aula da Natureza do Concello de Ames volve con novas actividades para os meses de outono e inverno. Nesta ocasión, organiza a actividade “Cociña de Outono”, composta por tres xornadas, para promover o uso de produtos propios desta época do ano como son a cabaza, as castañas e as laranxas, que serán a base das receitas que se elaboraran nestas tres citas. Este sábado, 8 de novembro, terá lugar unha segunda sesión do obradoiro de biscoito de cabaza, dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. Será en horario de 11.00 a 13.30 horas, na instalación que a Aula da Natureza ten na Ameixenda. Estes obradoiros están impartidos por persoal da Escola de pastelería infantil Dolci e Bambini.

Para participar é necesario inscribirse enviando o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Ofértanse 20 prazas. As prazas cubriranse por orde de chegada dos impresos de inscrición ata esgotar as prazas existentes.

Para achegarse ata as instalacións da Aula da Natureza, situadas no lugar de Quintáns, na Ameixenda, haberá servizo gratuíto de autobús con saída ás 10.00 horas dende a Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10.15 horas dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.