Pestanas principais

Participa no concurso de fotografía “Ilumina o teu sorriso”

Xoves, 30 decembro, 2021
Participa na terceira edición do concurso de fotografía “Ilumina o teu sorriso”, organizado polas tres asociacións de comerciantes e empresarios amesás, e coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica, Rueiro Clínica Dental e o estudo Javier Troitiño Fotógrafo. Para participar na campaña, cómpre facerse dúas fotos en dous dos seis lugares seleccionados polas súas decoracións de Nadal: nas prazas do Concello, da Maía e de Chavián, en Bertamiráns, ou ben nas prazas de Manuel Murguía, da Madalena ou en Anxeriz, no Milladoiro. As persoas participantes poden gañar un teléfono móbil de última xeración, doado por Rueiro Clínica Dental.

Para participar no concurso teranse que realizar dúas fotos en dúas das seis localizacións indicadas pola organización, destacadas polos elementos de alumeado de Nadal situados nelas. Os puntos son, en Bertamiráns, o logo do Concello de Ames, na praza do Concello; o número 2022, na praza da Maía, e a iluminación das árbores da praza de Chavián. Por outra banda, no Milladoiro os elementos a fotografar son a árbore luminosa da praza Manuel Murguía; a bóla xigante da praza da Madalena, e a manta de luces de Anxeriz. As persoas participantes, que deben ser maiores de idade, deberán presentar dúas fotografías inéditas e orixinais, enviándoas ao enderezo electrónico amesnarua@gmail.com.

É imprescindible que as fotografías enviadas vaian identificadas cos datos da persoa participante: nome, apelidos, data de nacemento, dirección e teléfono de contacto (preferiblemente móbil), así como o texto “Autorizo aos organizadores a difusión das fotografías enviadas segundo as bases do sorteo”. O prazo para enviar as fotos é do martes 14 de decembro ata o venres 7 de xaneiro de 2022. Soamente se permitirá unha participación por persoa, que coa súa inscrición entra no sorteo dun teléfono móbil de última xeración, doado por Rueiro Clínica Dental.

As persoas participantes prestan o seu consentimento para que as composicións enviadas sexan expostas no Instagram e Facebook @amesnarua, baixo os cancelos #iluminaoteusorriso21 e #amesnarua. Ao final da campaña, o estudo Javier Troitiño Fotógrafo organizará unha mostra coas composicións que participen.

Multimedia