Pestanas principais

Participa na visita a horta A Castiñeira con Tasio, do Mercado de horta e artesanía de Ames

Mércores, 27 maio, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 30 de maio, ás 17.30 horas, organízase unha nova actividade familiar, que está dirixida a nenos/as de 6 a 12 anos acompañados dunha persoa adulta. Neste caso vaise visitar a horta A Castiñeira (A Baña) con Tasio.

As persoas que estean interesadas en participar nesta actividade teñen que inscribirse a través do WhatsApp 667 665 705. No momento da inscrición hai que indicar cantos nenos/as e adultos participan na actividade. Ofértanse un total de 20 prazas para esta actividade que é gratuíta. O mercado de horta e artesanía celébrase todos os sábado de 10.00 a 13.30 horas na praza da Maía, en Bertamiráns.

Multimedia