Venres, 20 marzo, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 21 de marzo organízase unha degustación de tapas en cinco locais hostaleiros de Ames, que serán elaboradas con produtos do mercado de horta e artesanía de Ames. Dita degustación ofrecerase no restaurante Onde Keiras, Bar O Recreo, Ristorante Tivolino, Restaurante Mollos e Moios, e Cafetería Don Budi.
Este sábado, 21 de marzo, organízase un novo evento do programa de actividade do mercado. Desta volta, haberá unha degustación de tapas en cinco locais hostaleiros de Ames, que serán elaboradas con produtos do mercado de horta e artesanía de Ames. O mercado celébrase na praza da Maía, en Bertamiráns, en horario de 10.00 a 13.30 horas.
As tapas poderanse degustar nos restaurantes:
-Restaurante Onde Keiras: puerro Onde Keiras.
-Bar O Recreo: lacón con grelos.
-Ristorante Tivolino: pasta florencia con espinacas e catro queixos.
-Restaurante Mollos e Moios: aros de cebola recheos.
-Cafetería Don Budi: tostiña enxebre.





