Pestanas principais

Os parques caninos quedan pechados ata novo aviso como consecuencia do Covid-19

Sábado, 21 marzo, 2020
O Concello de Ames informa que os parques caninos quedan pechados ata novo aviso como consecuencia da aprobación do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, de declaración do estado de alarma pola pandemia do coronavirus.
Vaise extremar a vixilancia e o control do paseo de mascotas co obxectivo de evitar os abusos con esta práctica. Lémbrase que os paseos deben ser curtos e polo tempo imprescindible, só para cubrir as necesidades fisiolóxicas dos animais, sen contacto con outros animais ou persoas.
 
Tamén é necesario levar unha botella de auga con deterxente para limpar posteriormente os ouriños e bolsas para as feces. A saída con mascotas debe realizarse prioritariamente nun horario no que haxa unha menor afluencia de xente.
 
Cómpre lembrar que o incumprimento das medidas adoptadas pode dar lugar ás pertinentes sancións.

Multimedia