Pestanas principais

Os establecementos hostaleiros de Ames poderán abrir unha hora máis con motivo das festas de Nadal

Mércores, 18 decembro, 2019
Os locais hostaleiros, que conten con licenza en vigor, situados no municipio de Ames poderán ampliar o seu horario de peche nunha hora. Este permiso foi concedido para os días 21, 24, 28 e 31 de decembro de 2019 e 4 e 5 de xaneiro de 2020 con motivo das festas de Nadal. A ampliación do horario foi concedido despois das xestións realizadas polo Concello de Ames ante a Xefatura territorial da Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.