Pestanas principais

Os departamentos de Medio Ambiente e Turismo teletraballarán polas obras na Casa da Cultura de Bertamiráns

Luns, 10 xaneiro, 2022
Este luns 10 de xaneiro comezan as reformas na Casa da Cultura de Bertamiráns, que mellorarán o seu alumeado, renovarán pavimentos e falsos teitos no primeiro andar e engadirán novos espazos ao carón do auditorio, que se empregarán para un almacén, unha zona de acceso ao escenario e unha sala de lactancia. Por este motivo, os departamentos de Medio Ambiente e Turismo e a oficina da Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, situados na primeira planta do edificio, quedan afectados polas reformas aos corredores e aos accesos a este andar. Así, o seu persoal teletraballará dende este luns 10 ata o venres 28 de xaneiro, data provisional que variará se as obras seguen sen posibilitar o traballo nos seus respectivos espazos da primeira planta.

Multimedia