Pestanas principais

Organízase un magosto no Milladoiro para recadar fondos para a excursión do alumnado de 6º de Educación Primaria do CEP de Ventín

Mércores, 19 novembro, 2025
As familias do alumnado de 6º de Educación Primaria do CEP de Ventín organizan un magosto popular solidario co obxectivo de recadar fondos para a excursión de fin de etapa. O evento terá lugar o venres, 21 de novembro, a partir das 18:30 horas, na explanada da Casa da Cultura do Milladoiro. Haberá carpa.

Durante a xornada poderanse degustar castañas asadas, chourizos á brasa, empanada e un montón de larpeiradas, a prezos populares, nun ambiente festivo e aberto a toda a veciñanza. Tamén haberá un sorteo con un montón de premios para o cal os nenos levan semanas vendendo rifas.

Multimedia