Pestanas principais

As oficinas da Unión de Consumidores de Galicia en Bertamiráns e no Milladoiro pechan no mes de agosto

Martes, 2 agosto, 2022
As oficinas da Unión de Consumidores de Galicia en Bertamiráns e no Milladoiro estarán pechadas no mes de agosto, ante a baixada de afluencia de consultas e solicitude de citas presenciais. Deste xeito, as oficinas da rúa Viorneira e o Pazo da Peregrina permanecerán pechadas para o asesoramento presencial durante este mes, mantendo a atención telefónica os martes e xoves no teléfono 662 130 312, así como calquera consulta que se poida realizar a través do correo electrónico info@consumidores.gal ou fcarames@consumidores.gal. A atención presencial reanudarase no mes de setembro.