Venres, 17 outubro, 2025
- Tematica
O Concello de Ames informa de que o vertido no río Sar non afecta á auga de consumo doméstico, xa que a captación de auga faise no río Tambre. Agradecemos as chamadas e o interese da cidadanía, e reiteramos que a subministración de auga para consumo continúa a ser completamente segura.
O Concello de Ames denunciou o vertido no río Sar ante o Seprona e a Fiscalía de Medio Ambiente debido á gravidade do dano ambiental e ante a inactividade das administracións competentes. Manterase informada á veciñanza amesá sobre este asunto.




