Pestanas principais

O programa da TVG "Fun polo aire" presenta esta tarde "Canta con Ames" dende o Milladoiro

Mércores, 16 xuño, 2021
Hoxe, 16 de xuño, o programa da TVG "Fun polo aire" grava esta tarde no Milladoiro, na praza de Manuel Murguía, un programa no que presentará o concurso "Canta con Ames" . O evento terá lugar entre as 18.00 e as 19.00 horas. Acudirán ao acto Ana Belén Paz, concelleira de Promoción Económica, María Mera, presentadora do concurso "Canta con Ames", Lucía Sánchez, Diego Moreiras e Marcos Valcarcel, compoñentes da Orquestra París de Noia. Ademais, tamén participarán no programa en directo catro participantes, de diferentes sitios de Galicia, do "Canta con Ames".