Pestanas principais

O prazo de inscrición para o Entroido Lúdico está aberto ata o vindeiro 28 de xaneiro

Martes, 15 xaneiro, 2019
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, abre o prazo de inscrición do programa de conciliación familiar Entroido Lúdico. O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 4, 5 e 6 de marzo, en horario de 7:30h a 16:00 horas. O prazo de inscrición deste programa, que se pon en marcha por cuarto ano consecutivo, estará aberto ata o vindeiro 28 de xaneiro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases, o impreso de inscrición e as tarifas do Entroido Lúdico.

As persoas interesadas en inscribir as súas fillas e fillos poderán recoller os impresos de inscrición no departamento de Educación situado no Pazo da Peregrina, na Oficina Municipal do Milladoiro, ou descargalos premendo no enlace que está abaixo. Asemade, a entrega da documentación deberá facerse no rexistro auxiliar do Pazo da Peregrina, no Rexistro Xeral da Casa do Concello, en Bertamiráns, ou na Oficina Municipal do Milladoiro, de luns a venres, entre as 9:00h e as 14:00 horas.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición publicarase a listaxe de nenas e nenos admitidos, na que tamén se indicarán os lugares das actividades por grupos. A listaxe poderase consultar nos taboleiros do Concello e da Oficina Municipal do Milladoiro, así como na sección de Aviso da páxina web do Concello de Ames. Para obter máis información, pódese chamar ao número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal.

Multimedia