Pestanas principais

O mércores e xoves está previsto que se realicen traballos de pintado no firme da avenida da Maía

Luns, 13 decembro, 2021
Dende o Concello de Ames infórmase de que este mércores 15 e mailo xoves, 16 de decembro, está previsto que se realicen os traballos de pintado do firme da avenida da Maía, en Bertamiráns. Estes traballos realízanse despois de que entre o 29 de novembro e o 3 de decembro se executasen os traballos de asfaltado.

Os traballos de pintado do firme poden ocasionar certos atrancos na circulación do tráfico, polo que se recomenda, na medida do posible, circular por vías alternativas á avenida da Maía para evitar que se xeren atascos.

Multimedia