Xoves, 7 agosto, 2025
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Promoción Económica, informa de que o luns, 11 de agosto, abrirá o prazo para a presentación de solicitudes de traslado ou permuta de postos por parte dos comerciantes que xa conten con postos no mercado de rúa. Deste xeito, determinarase os postos que finalmente quedan vacantes para adxudicalos posteriormente ás persoas anotadas na lista de agarda.
Por outra banda, tamén se informa da relación de postos vacantes dispoñibles actualmente no mercado ambulante, a falta da confirmación de posibles traslados ou permutas por parte dos vendedores/as actuais.
Descargas:




