Pestanas principais

O Instituto Galego de Estatística está a realizar a operación estatística “Enquisa estrutural a fogares”

Venres, 21 maio, 2021
O Concello de Ames informa de que o Instituto Galego de Estatística está a realizar a operación estatística “Enquisa estrutural a fogares”. Esta operación é unha investigación de carácter oficial cuxo obxectivo principal é reflectir as condicións de vida das familias galegas en relación con diversas variables de interese como nivel de estudos, ingresos e gastos do fogar e dos seus membros, etc.

A enquisa diríxese a 9.216 vivendas repartidas por todo o territorio galego. Algunhas das enquisas serán realizadas a familias do concello de Ames, as cales serán visitadas entre o 31 de maio e o 27 de xuño por persoal enquisador debidamente acreditado para cubrir un cuestionario estatístico.

As vivendas seleccionadas recibirán unha carta remitida polo Instituto Galego de Estatística na que se lle informará do obxectivo da enquisa, dos medios facilitados para contestala (internet, teléfono gratuíto ou poñéndose un/unha enquisador/a en contacto co fogar), da obriga de facilitar eses datos, e de que a información proporcionada é estritamente confidencial e está protexida polo segredo estatístico.