Pestanas principais

O Concello de Ames informa sobre o simulador do ingreso mínimo vital do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

Mércores, 3 xuño, 2020
O Concello de Ames informa sobre a existencia dun simulador do ingreso mínimo vital do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. Este simulador do ingreso mínimo vital, permite consultar de forma sinxela si se compren os requisitos para percibir esta prestación e mesmo o importe aproximado que lle correspondería.

O ingreso mínimo vital aprobouse recentemente polo goberno central co obxectivo de “non deixar a ninguén atrás”. Trátase dunha prestación non contributiva da Seguridade Social que garante uns ingresos mínimos a quen carece deles.

O IMV é compatible coas rendas de traballo, facendo que a súa percepción non desincentive o acceso ao emprego das persoas beneficiarias de dito ingreso. Asemade, non aparece vinculado á procura activa de emprego, senón ao seguimento de estratexias que removan os obstáculos sociais e laborais que dificultan o pleno exercicio dos seus dereitos e socavan a cohesión social.

Así, a través deste simulador pódese comprobar si compren cos requisitos para recibir esta prestación e o importe aproximado que lle correspondería. Podes acceder a el premendo neste enlace.

Compre recordar que este simulador non tramita a prestación, para solicitala hai que acceder aos servizos do trámite. 

Multimedia