Pestanas principais

O Concello de Ames informa do sistema de cita previa para o Catastro

Sábado, 6 xuño, 2020
O Concello de Ames informa que dende o momento da reapertura dos servizos presenciais de atención ao público, os cidadáns que desexen acudir a algunha xerencia do Catastro deberán obter con antelación unha cita previa para poder ser atendidos.

As citas previas pódense obter a través da sede electrónica do catastro premendo neste enlace ,   ou a través da liña directa do catastro, a través dos números 913 874 550 ou 902 373 635. A obtención da cita resulta imprescindible para acudir a unha xerencia do catastro a obter información catastral, presentar documentos e expedientes, realizar consultas, obter notificacións ou realizar calquera outro trámite relacionado co catastro.

Multimedia