Pestanas principais

O Concello de Ames informa da detección dunha vertedura no río Sar de orixe descoñecida

Domingo, 12 outubro, 2025
O Concello de Ames informa da detección dunha vertedura no río Sar de orixe descoñecida. Técnicos de Augas de Ames, xunto con outros efectivos, desprazáronse á zona para comprobar a situación e confirmaron que a vertedura non ten a súa orixe no termo municipal, senón que procede dun punto máis elevado no curso do río. O Concello de Ames continuará a informar conforme se dispoña de novos datos.