Avisos

Ex., 01-07-2025
Ex., 01-07-2025
Luns, 20 xaneiro, 2025
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante o venres, 24 de xaneiro, na avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro, e na aldea de Raíces, pertencente á parroquia de Biduído, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica.
Luns, 20 xaneiro, 2025
A Concellaría de Mocidade, a través do departamento de Xuventude, organiza unha nova actividade dirixida á mocidade amesá, “Finde na neve”. A iniciativa, que leva realizándose xa catro anos, desenvolverase entre o 7 e o 9 de febreiro na estación invernal de Leitariegos, en León. Para esta edición ofértanse un máximo de 40 prazas para a mocidade nada entre o 1994 e o 2009. O custo da actividade é de 158 euros e inclúe transporte, a estadía, manutención, forfait, alugueiro de material de esquí, curso de 4 horas, entre outras cuestións. Podes consultar a listaxe de admitidos/as ao pé deste aviso.
Venres, 17 xaneiro, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 17 xaneiro, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 15 xaneiro, 2025
Ata este venres 17 de xaneiro está aberto o prazo de inscrición para o programa de conciliación Entroido Lúdico, que se realizará os días 3, 4 e 5 do mes de marzo. No programa poderán participar familias empadroadas en Ames con crianzas escolarizadas no 2º ciclo de educación infantil e primaria neste curso escolar e que acrediten a necesidade de conciliar a vida laboral coa familiar. O programa inclúe os servizos de comedor e Bos días e os horarios de entrada e saída son bastante amplos e flexibles, adaptándose ás necesidades familiares. As familias interesadas deberán entregar a documentación necesaria na Sede Electrónica ou de maneira presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames.
Venres, 10 xaneiro, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 10 xaneiro, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 8 xaneiro, 2025
Aínda quedan prazas libres nalgunhas das actividades das Escolas deportivas municipais para o período 2024/2025. As persoas interesadas poden xestionar a matrícula telematicamente a través da plataforma Cronos, no módulo “inscrición en clases".
Mércores, 8 xaneiro, 2025
A Xunta de Galicia vén de activar unha alerta laranxa por fenómeno meteorolóxico adverso, fortes chuvias e vento, que afecta a Ames. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, Seguridade e Alcaldía, informa que ten organizado un operativo especial para contrarrestar os efectos adversos como as inundacións provocadas polo temporal de vento e choiva que implica á Policía Local, Protección Civil, Augas de Ames e brigadas municipais. En caso de emerxencia, prégase centralizar as chamadas de emerxencia ao 112, Policía Local: 619 76 75 75; ou Protección Civil: 673 17 88 88.
Martes, 7 xaneiro, 2025