Avisos
Venres, 31 xaneiro, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 31 xaneiro, 2025
O Concello de Ames informa de que xa volve estar aberta a sala de estudo da biblioteca do Milladoiro. As obras seguirán executándose para separar a aula de estudo da biblioteca, pero ditos traballos non impiden que se poida volver a facer uso da instalación. A sala de estudo terá que pecharse durante unha xornada máis, pero avisarase con antelación.
Venres, 31 xaneiro, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 30 xaneiro, 2025
A Aula da Natureza informa de que a ruta circular pola Lagoa de Cospeito adíase para o domingo 9 de febreiro. Debido ás intensas choivas dos últimos días os camiños están anegados, polo que non poderá realizarse este domingo 2 de febreiro como estaba previsto inicialmente.
Martes, 28 xaneiro, 2025
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por vento, de nivel amarelo, que afectará a Ames dende as primeiras horas do mércores, 29 de xaneiro, e que se prolongará ata a tarde dese mesmo día. Rógase que se extremen as precaucións e, en caso de emerxencia, prégase centralizar as chamadas de emerxencia ao 112, Policía Local: 619 76 75 75; ou Protección Civil: 673 17 88 88.
Listaxe de admitidos e de agarda para o curso de monitor de tempo libre, que comeza o 15 de febreiro
Luns, 27 xaneiro, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Mocidade, organiza unha nova edición do curso de monitor de tempo libre, unha formación con moitas posibilidades cara o mundo laboral e que, ao longo das súas 10 edicións, formou a máis de 200 profesionais no noso concello. Este ano ofértanse 25 prazas e o curso ten un prezo de 172 euros. No caso de producirse baixas, desde a organización contactarase co alumnado da listaxe de agarda, segundo a orde de chegada establecida. Pódese consultar a lista de admitidos e de agarda no documento ao pé deste aviso.
Venres, 24 xaneiro, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 24 xaneiro, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 24 xaneiro, 2025
A andaina saudable, que percorre a terceira etapa do Camiño Real de Santiago a Fisterra e Muxía, programada para o día de mañá, sábado 25, queda adiada debido as condicións metereolóxicas adversas previstas para a xornada de mañá. Anunciarase unha nova data para realizar a actividade nas vindeiras semanas.
Venres, 24 xaneiro, 2025
O Concello de Ames informa de que o Servizo Público de Emprego de Galicia decidiu pechar os puntos de atención para a información e renovación da demanda de emprego que estaban dispoñibles na Casa da Cultura do Milladoiro e nas oficinas municipais de Bertamiráns.
- ‹ anterior
- 11 de 137
- seguinte ›