Xoves, 20 novembro, 2025
- Tematica
Como xa vén sendo habitual, o próximo venres día 28 de novembro a partir das 17.00 horas, celebrarase o tradicional magosto no campo da desta do Santo Amaro de Barouta, para recadar fondos para a viaxe de fin de curso do alumnado de 6º de Educación Primaria. Haberá castañas, bolos preñados, biscoito, chocolate… e moito máis!
Contarase coa actuación especial das Pandereteiras da Costaneira. Haberá carpa, pero en caso de choiva intensa o magosto farase no pavillón do CEIP de Barouta. Agardamos contar con vós! Podedes estender este convite a todas as persoas interesadas.
-Data: venres 28 de novembro de 2025.
-Hora: 17.00h
-Lugar: campo da desta do Santo Amaro (Barouta).





