Pestanas principais

O alcalde publica un bando cos cambios derivados da nova Ordenanza Reguladora de terrazas

Mércores, 27 outubro, 2021
Mediante este bando o Concello informa aos titulares de establecementos de hostalaría e comerciais, que dispoñan de terrazas (en solo público como en espazos privados) ou de establecementos comerciais con instalacións extensivas da actividade principal a espazos de dominio público, e que non presentaron a solicitude de licenza adaptada á nova Ordenanza antes do 30 de setembro de 2021 e que non obtiveran a licenza /autorización municipal, que carecen de título habilitante para a actividade de terraza ou extensión da actividade comercial a espazos públicos, xa que quedaron revogadas as concedidas con anterioridade.