Pestanas principais

Novo paquete de medidas sociais para paliar a crise creada polo COVID-19

Mércores, 1 abril, 2020
O Concello de Ames informa de que o Consello de Ministros aprobou este martes, 31 de marzo de 2020, un novo paquete de medidas que se contemplan no Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.
Con esta norma, o executivo pon a disposición da cidadanía mais vulnerable, un plan social que axude a afrontar a importante crise que estamos a sufrir. Así mesmo, tamén se contemplan medidas para as PEMES e autónomos co fin axudar a superar esta situación co menor impacto económico posible.
 
Entre as medidas máis importantes, encóntranse as seguintes: dereito á vivenda; prohibición de corte de subministracións; prestacións para empregadas do fogar; subsidio de desemprego por fin de contrato temporal; consumidores vulnerables; igualdade e loita contra a violencia machista; apoio á actividade económica e ao tecido produtivo; e protección dos consumidores.