Pestanas principais

Nomeamento de persoal funcionario de carreira no posto de Policía local

Xoves, 4 abril, 2024
O 3 de abril de 2024 o acalde do Concello de Ames ditou a resolución 954/2024 na que resolve nomear persoal funcionario de carreira, no posto de oficial de policía local, escala básica, categoría de oficial grupo C1, derivada da OPE de 2023, a Martina Marcos Mosquera, que deberá tomar posesión no prazo máximo dun mes dende a publicación no BOP do seu nomeamento.