Pestanas principais

Medidas extraordinarias en materia tributaria e nos ingresos de dereito público e recibos dos servizos do Concello de Ames

Xoves, 26 marzo, 2020
En vista da declaración do estado de alarma efectuada polo Goberno do Estado, a través do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo (BOE 14 de marzo), para afrontar a emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus COVID-19 e tendo en conta o novo Real Decreto Lei 8/2020, de 17 de marzo, (BOE núm. 73 de 18.03.2020) de medidas urxentes extraordinarias, o Concello de Ames vén de aprobar un decreto con diferentes medidas tributarias:
1.- O período voluntario de ingreso das liquidacións tributarias e de ingresos de dereito público do Concello de Ames e xa notificadas, con vencemento o 20 de marzo, o 5 de abril, ou o 20 de abril, amplíase ata o 30 de abril de 2020.
 
2.- O período voluntario de ingreso de diferentes taxas e prezos públicos municipais amplíase ao 30 de abril de 2020. Consulta aquí as taxas e prezos públicas afectadas por dia ampliación.
 
3.- Os vencementos dos prazos concedidos para atender requirimentos ou solicitudes de información con trascendencia tributaria, para formular alegacións en procedementos de aplicación de tributos e ingresos de dereito público do concello de Ames, de devolución de ingresos indebidos, de rectificación de erros materiais e revogación, non concluídos a 18 de abril, ampliaranse ata o 30 de abril de 2020.
 
4.- Os vencementos dos prazos para atender requirimentos ou solicitudes de información con trascendencia tributaria, para formular alegacións en procedementos de aplicación de tributos e ingresos de dereito público do concello de Ames, de devolución de ingresos indebidos, de rectificación de erros materiais e revogación, comunicados a partir do 18 de abril e respecto de procedementos iniciados con anterioridade a esa data, ampliarase ata o 20 de maio de 2020.
 
5.- O vencemento da cota do 5 de abril correspondente aos fraccionamentos e xa concedidos polo concello de Ames, modifícase ao 30 de abril de 2020.
 
6.- O disposto nesta resolución non resulta de aplicación a aqueles tributos e ingresos de dereito público do concello de Ames que cuxa xestión, liquidación e inspección está delegada na Deputación Provincial da Coruña.