Pestanas principais

Listaxes provisionais dos campamentos de verán 2021 (educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e campamentos urbanos)

Xoves, 6 maio, 2021
O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e de Mocidade, informa sobre as listaxes provisionais dos campamentos de verán 2021 (educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e campamentos urbanos). Dende este xoves, 6 de maio, ábrese un prazo para facer as alegacións oportunas. A publicación da lista definitiva será o 12 de maio.

A adxudicación de prazas realizarase de maneira directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles. No caso de que o número de prazas solicitadas supere ás ofertadas, a adxudicación realizarase mediante sorteo público, que terá lugar o 18 de maio no salón de plenos da Casa do Concello ás 18.00 horas. O resultado e a lista de agarda publicarase o 19 de maio.

O prazo de matrícula estará aberto de 19 de maio ata o 4 de xuño. Para facer a inscrición débese presentar:

  • Impreso de matrícula debidamente cumprimentado.
  • Copia da tarxeta sanitaria.
  • Certificado médico (só no caso de padecer enfermidade que deba ser reflectida).

Presentarase preferiblemente a través  do Rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).

Excepcionalmente, e con cita previa, poderá entregarse nos rexistros do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, sempre con CITA PREVIA (Teléfonos: 881 074 710 / 881 074 711).

Máis información
Para solicitar máis información pódese contactar coa Concellería de Medio Ambiente, chamado ao 660 004 665 ou enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal, ou contactar coa Concellería de Mocidade, chamando ao teléfono 616 083 229 ou enviando un correo a omix@concellodeames.gal.