Venres, 29 maio, 2026
- Tematica
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Xuño Lúdico 2026, que se vai desenvolver no CEP Ventín, na EEI do Milladoiro e no CEIP A Maía. Ábrese un período de emenda e baixas ata o 12 de xuño do 2026.
O programa Xuño Lúdico 2026 está dirixido ás rapazas e rapaces escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 22, 23, 25, 26, 29 e 30 de xuño de 2026.
A través deste programa, o Concello de Ames procura axudar ás familias a compatibilizar o traballo e a vida familiar, ofrecendo un espazo onde a rapazada realiza actividades lúdicas e educativas. O programa ten un horario de 7.30 á 16.00 horas e inclúe os servizos de Bos días e comedor.
Descargas:




