Pestanas principais

Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no Xuño Lúdico 2022

Martes, 24 maio, 2022
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Xuño Lúdico 2022, para a EEI do Milladoiro, o CEP Ventín e o CEIP A Maía. O prazo para subsanar a documentación das solicitudes que foron excluídas remata o 8 de xuño de 2022.

O programa Xuño Lúdico 2022 está dirixido ás rapazas e rapaces escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 23, 27, 28, 29 e 30 de xuño de 2022.

O Xuño Lúdico oferta os servizos de conciliación habituais nos programas do concello, como o Bos Días ou os comedores, co fin de adaptarse ás necesidades de cada familia. Deste xeito, os horarios de entrada dos nenos e nenas poden comezar ás 7:30 ou ás 9:00 horas, cun almorzo opcional para as crianzas máis madrugadoras, mentres que as horas de recollida serán as 14:30 ou as 16:00 horas.