Pestanas principais

Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no Nadal Lúdico 2025

Xoves, 27 novembro, 2025
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de crianzas admitidas e excluídas do programa de conciliación Nadal Lúdico 2025 para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín, e o CEIP A Maía. Poderanse facer emendas e baixas ata o día 12 de decembro.

O programa Nadal Lúdico 2025 está dirixido a aquelas familias empadroadas no Concello de Ames, con nenos e nenas escolarizadas no segundo ciclo de Educación Infantil ou Primaria, e que teñan necesidade de conciliar. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro, e os días 2, 5 e 7 de xaneiro de 2026.

O Nadal Lúdico oferta os servizos de conciliación habituais nos programas do Concello, como o Bos días ou o comedor, co fin de adaptarse ás necesidades de cada familia. Deste xeito, os horarios de entrada dos nenos e nenas poden comezar ás 7:30 ou ás 9:00 horas, cun almorzo opcional para as crianzas máis madrugadoras, mentres que as horas de recollida serán ás 14:30 ou ás 16:00 horas.