Pestanas principais

Listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as no programa de conciliación Setembro Lúdico 2025

Xoves, 7 agosto, 2025
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de crianzas admitidas e excluídas no programa de conciliación Setembro Lúdico 2025, para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín e o CEIP A Maía. O prazo de emendas e baixas remata o 22 de agosto.

O programa de conciliación “Setembro lúdico” volve neste 2025 para axudar ás familias amesás a compatibilizar a vida laboral e a familiar na época estival. Para sumarse ao servizo, cómpre que as nais, pais ou responsables legais acrediten a necesidade de conciliar, e que teñan nenos ou nenas escolarizadas no segundo ciclo de educación infantil ou en educación primaria. Non poderán participar os menores que vaian cursar 4º de Educación Infantil ou a ESO no vindeiro curso 2025-2026. 

Neste senso, os centros educativos nos que se desenvolverá o Setembro Lúdico serán o CEIP Agro do Muíño e, en Milladoiro, na EEI e no CEP Ventín. O programa desenvolverase durante os días 1 e 5 de setembro de 2025.

O “Setembro lúdico” oferta os servizos de conciliación habituais nos programas do concello, como son o Bos Días xunto co servizo de comedor, co fin de adaptarse ás necesidades de cada familia. Deste xeito, os horarios de entrada dos nenos e nenas poden comezar ás 7:30 ou ás 9:00 horas, cun almorzo opcional para as crianzas máis madrugadoras, mentres que as horas de recollida serán as 14:30 ou as 16:00 horas.