Pestanas principais

Listaxes provisionais de admitidos/as das escolas infantís municipais para o curso 2023-2024

Luns, 8 maio, 2023
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa sobre a publicación das listaxes de admitidos/as das escolas infantís municipais A Madalena e O Bosque para o curso escolar 2023-2024. Deste xeito, abre o prazo de información pública durante 10 días hábiles a efectos de exame e reclamacións. Finalizado dito prazo publicaranse as listaxes definitivas e abrirase o prazo de matrícula, que abrangue do 1 a o 15 de xuño, para formalizar a matrícula.

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse aos propios centros: a EIM O Bosque, situada no número 28 da avenida da Peregrina, en Bertamiráns; e a EIM A Madalena, situada no número 16 da praza da Madalena, no Milladoiro. Tamén se pode chamar aos números de teléfono 682 497 369 (EIM O Bosque) e 981 538 433 (EIM A Madalena), ou utilizar os enderezos electrónicos eibertamirans@concellodeames.gal e eiamadalena@concellodeames.gal.