Pestanas principais

Listaxes definitivas de usuarios/as admitidos/as nos campamentos de verán 2020

Xoves, 25 xuño, 2020
O Concello de Ames publica as listas definitivas de usuarios/as admitidos/as no programa de campamentos municipais para este verán, a través do cal ofertan 252 prazas repartidas entre 9 campamentos diferentes que se desenvolverán en diferentes datas entre o 6 de xullo ao 5 de setembro. Para os solicitantes do campamento de Terrón, e os de prioridade 3 do campamento de Mougás (ambos de secundaria e bacharelato), realizarase un sorteo este venres ás 12.00 horas no Salón de Plenos do Concello de Ames.

O servizo de Campamentos de Verán 2020 está dirixido á rapazada que este cursando educación primaria, secundaria ou bacharelato. Trátase dunha oferta lúdica e formativa de desenvolvemento persoal concibida para, de xeito progresivo, dotar a nenas/os e mozas/os das ferramentas precisas para lograr a súa autonomía e independencia fomentando a convivencia, a cooperación, o respecto e un xeito de vida saudable ao tempo que se achegan ao medio rural, ao deporte ou á cultura.

A situación xerada pola Covid-19 fai que os campamentos se deban adaptar ás novas necesidades, polo que se deben de ter en conta medidas de prevención tales como a redución de ratios, aumentar as labores de limpeza e desinfección, determinar os equipos de protección para monitores/as e usuarios/as e redefinir as actividades que se poderán levar a cabo sen risco de contaxios.