Pestanas principais

Listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas no Nadal Lúdico 2023

Luns, 18 decembro, 2023
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de crianzas admitidas e excluídas do programa de conciliación Nadal Lúdico 2023 para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín, e o CEIP A Maía.

O programa Nadal Lúdico 2023 está dirixido a aquelas familias empadroadas no Concello de Ames, con nenos e nenas escolarizadas no segundo ciclo de Educación Infantil ou Primaria, e que teñan necesidade de conciliar. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro, e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2024.

O Nadal Lúdico oferta os servizos de conciliación habituais nos programas do concello, como o Bos Días ou o comedor, co fin de adaptarse ás necesidades de cada familia. Deste xeito, os horarios de entrada dos nenos e nenas poden comezar ás 7:30 ou ás 9:00 horas, cun almorzo opcional para as crianzas máis madrugadoras, mentres que as horas de recollida serán as 14:30 ou as 16:00 horas.