Luns, 9 febreiro, 2026
- Tematica
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de crianzas admitidas e excluídas do programa de conciliación Entroido Lúdico 2026 para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín, e o CEIP A Maía.
O programa Entroido Lúdico 2026 está dirixido a aquelas familias empadroadas no Concello de Ames, con nenos e nenas escolarizadas no segundo ciclo de Educación Infantil ou Primaria, e que teñan necesidade de conciliar. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 16, 17 e 18 de febreiro.
O Entroido Lúdico oferta os servizos de conciliación habituais nos programas do Concello, como o Bos Días ou o comedor, co fin de adaptarse ás necesidades de cada familia. Deste xeito, os horarios de entrada dos nenos e nenas poden comezar ás 7:30 ou ás 9:00 horas, cun almorzo opcional para as crianzas máis madrugadoras, mentres que as horas de recollida serán as 14:30 ou as 16:00 horas.
Descargas:




