Pestanas principais

Listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as en Bos Días Cole, Comedores Escolares e Tardes Divertidas para o curso 2025/2026

Mércores, 18 xuño, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas nos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedor Escolar) para o curso 2025-2026.

As solicitudes admitidas, deberán formalizar a matrícula do 25 de xuño ao 9 de xullo do 2025, segundo as instrucións que se axuntan. No caso das solicitudes pendentes de asignación deberán comunicar o centro asignado ao departamento de educación e a continuación formalizar a matrícula.