Pestanas principais

Listaxes definitivas de admitidos/as e de agarda das escolas infantís municipais para o curso 2023-2024

Martes, 30 maio, 2023
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa sobre a publicación das listaxes definitivas de admitidos/as e de agarda das escolas infantís municipais A Madalena e O Bosque para o curso escolar 2023-2024. O prazo de matrícula abrangue do 1 ao 15 de xuño.

O horario de atención ao público para formalizar a matrícula será de 9:00 a 14:00 horas. Deberá facerse nas propias escolas infantís. A documentación poderá descargarse preferentemente na ligazón https://conciliames.gal/ , ou ben recollerse nas dependencias de cada unha das escolas. A EIM O Bosque está situada no número 28 da avenida da Peregrina, en Bertamiráns; mentres que a EIM A Madalena está situada no número 16 da praza da Madalena, no Milladoiro. 

Para máis información pódese contactar coas escolas:

- A Madalena: 981 538 433 - eiamadalena@concellodeames.gal

- O Bosque: 682 497 369 - eibertamirans@concellodeames.gal