Pestanas principais

Listaxe de inscritos/as na actividade "Finde na neve", que terá lugar en Leitariegos

Luns, 5 febreiro, 2024
O departamento de Xuventude enviarálles aos participantes o impreso de pagamento (autoliquidación) ao correo electrónico facilitado na inscrición. Nese documento indicaráselles o prazo no que debe realizarse o abono. En caso de dispor de certificado dixital ou DNI electrónico poderase descargar a autoliquidación a través do enlace Oficina Virtual Tributaria que figura na web municipal ou a través da banca electrónica de ABANCA. No caso de producirse algunha baixa na listaxe, procederase a chamar por teléfono aos participantes que quedaron na lista de agarda. Podes consultar a listaxe de inscritos/as ao pé deste aviso.

Finde na Neve é unha saída de fin de semana á Estación Invernal de Leitariegos (León), que se desenvolverá entre o 23 e o 25 de febreiro de 2024, con saída en autobús o venres pola tarde e regreso o domingo á noitiña. O obxectivo desta iniciativa é fomentar o ocio saudable e en contacto coa natureza, ademais de fortalecer as experiencias conxuntas e as relacións interpersoais da mocidade.

A saída inclúe desprazamento de ida e volta en autobús, aloxamento en pensión completa (de 3 días e 2 noites) no albergue El Cordal Laciana, forfait durante dous días, alugueiro de material de esquí (esquís, botas, bastóns e casco), curso de esquí de 4 horas (cun/ha monitor/a por cada 10 participantes), seguros e monitores/as acompañantes 24 horas. O servizo de pensión completa comeza coa cea do venres 23 de febreiro e remata coa comida do domingo 25.

Actualmente, as instalacións están temporalmente pechadas debido ás escaseza de neve polo que, de momento, non se abonará a actividade. Nos vindeiros días recibirán máis información a través do correo electrónico.