Pestanas principais

Listaxe de inscritos/as na actividade "Finde na neve", que terá lugar en Leitariegos

Venres, 24 febreiro, 2023
O departamento de Xuventude enviarálles aos participantes o impreso de pagamento (autoliquidación) ao correo electrónico facilitado na inscrición. Nese documento indicaráselles o prazo no que debe realizarse o abono. En caso de dispor de certificado dixital ou DNI electrónico poderase descargar a autoliquidación a través do enlace Oficina Virtual Tributaria que figura na web municipal ou a través da banca electrónica de ABANCA. No caso de producirse algunha baixa na listaxe, procederase a chamar por teléfono aos participantes que quedaron na lista de agarda. Podes consultar a listaxe de inscritos/as ao pé deste aviso.

Finde na Neve é unha saída de fin de semana á Estación Invernal de Leitariegos (León), que se desenvolverá entre o 10 e o 12 de marzo de 2023, con saída en autobús o venres pola tarde e volta o domingo pola tarde-noite. Con esta iniciativa preténdese fomentar un ocio saudable e de contacto coa natureza, ademais de fortalecer as experiencias conxuntas e as relacións interpersoais da mocidade.

A saída inclúe desprazamento de ida e volta en autobús, aloxamento e pensión completa de tres días e dúas noites no albergue Laciana Natura, forfait durante dous días, alugueiro de material de esquí (esquís, botas, bastóns e casco), curso de esquí de 4 horas (un/ha monitor/a por cada 10 participantes), seguros, monitores/as acompañantes durante 24 horas.

Multimedia