Pestanas principais

Listas provisionais de nenos/as admitidos nas escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena

Venres, 12 xuño, 2020
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que están publicadas as listas provisionais de nenos/as admitidos/as nas escolas infantís municipais O Bosque, de Bertamiráns, e A Madalena, do Milladoiro, para o curso 2020-2021. Os pais/nais terán un prazo de 5 días hábiles a efecto de exame e reclamación.

As listas provisionais tamén se poden consultar na entradas da Casa do Concello, na Casa da Cultura do Milladoiro e nas escolas infantís O Bosque e maila Madalena.

Unha vez rematado dito prazo, publicaranse as listas definitivas e abrirase o prazo de matrícula que será do 29 de xuño ao 13 de xullo, en horario de 9.00 a 14.00 horas na escola municipal na que se pretende matricular ao neno/a. Haberá que pedir cita previa para acudir a realizar a matrícula chamando ao número de teléfono 682 497 369.