Pestanas principais

Listas provisionais de admitidos/as na Escola de Verán 2022

Mércores, 15 xuño, 2022
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que están expostas as listas provisionais de nenos/as admitidos e excluídos no programa municipal da Escola de Verán 2022. Este servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estean escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e primaria. O prazo de emendas de solicitudes para presentar documentación e alegacións remata o 22 de xuño de 2022.

Tendo en conta o atraso na publicación das listas provisionais e tendo en conta a proximidade do inicio do programa da Escola de Verán, mediante a aprobación do decreto 1820/2022 resólvese aplicar a tramitación de urxencia ao procedemento reducindo á metade o prazo de subsanación que se establece no regulamento da Escola de Verán para a presentación de reclamacións á lista provisional de admitidos e excluídos, quedando este prazo reducido a 5 días hábiles. Tendo en conta isto o prazo de emendas de solicitudes para presentar documentación e alegacións remata o 22 de xuño de 2022.

Os centros habilitados para a realización do programa son, na zona do Milladoiro, a Escola de Educación Infantil e o CEP de Ventín, mentres que en Bertamiráns o programa da Escola de Verán desenvolverase nas instalacións do CEIP A Maía.