Pestanas principais

Listas provisionais de admitidos/as na Escola de Verán 2020

mércores, 17 Xuño, 2020 a xoves, 25 Xuño, 2020
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que están expostas as listas provisionais de nenos/as admitidos e excluídos no programa municipal da Escola de Verán 2020. Este servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estean escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria. Dende este mércores, 17 de xuño, habilítase un prazo de cinco días hábiles, ata o 25 de xuño (incluído) para a subsanación de documentación e presentar alegacións a ditas listas provisionais.

Os centros habilitados para a realización do programa son, na zona do Milladoiro, a Escola de Educación Infantil e o CEP de Ventín, mentres que en Bertamiráns o programa da Escola de Verán desenvolverase nas instalacións do CEIP A Maía. Deste xeito, as solicitudes feitas para o CEIP de Barouta pasarán a ser atendidas no CEIP da Maía.