Pestanas principais

Listas de renovación nos servizos de Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas para o curso 2022-2023

Xoves, 23 xuño, 2022
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa sobre as listaxes de admitidos e excluídos dos nenos e nenas que renovaron as prazas de Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas para o próximo curso 2022/2023. Para comprobar a súa renovación debe localizar o número de rexistro na lista do servizo que renovou.

As solicitudes non admitidas, poderán emendar solucionando o indicado e presentando a xustificación da emenda mediante rexistro. Todas aquelas solicitudes non admitidas que non emenden antes do 1 de setembro, perderán a praza. Lembre que a documentación que presente debe ser orixinal se o presenta nun rexistro presencial ou copia auténtica, se fai a presentación por rexistro telemático. Para máis información pódese acceder a páxina web Conciliames.