Pestanas principais

Listaxes provisionais e definitivas de admitidos/as nos campamentos urbanos de natureza

Martes, 16 xuño, 2020
O programa "En Ames, Naturalmente" busca que as nenas e nenos volvan a relacionarse con persoas da súa idade a través da natureza. Os campamentos, que se realizarán en diferentes quendas entre os meses de xuño e xullo nas instalacións da Aula da Natureza do Concello de Ames, están destinados ao alumnado de Educación Primaria e Educación Secundaria. Cada quenda conta con 30 prazas e o seu prezo é de 50 euros.

Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso podes descargar as listas provisionais e definitivas de nenos/as admitidos/as nas diferentes quendas do programa de campamentos "En Ames, Naturalmente".