Pestanas principais

Anuncios do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de traballador/a social (concurso – oposición)

Xoves, 1 agosto, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a acta décimo primeira do tribunal do proceso selectivo dunha praza de traballador/a social. En dita acta recóllese a resolución de alegacións, a proposta de contratación e a creación de bolsa de emprego. A persoa proposta ten que entregar documentación no prazo de 20 días hábiles polo que se abre o día 2 de agosto e remata o vindeiro 30 de agosto. Trátase de prazas por concurso-oposición do art. 2.1 da lei 20/2021 incluídas na oferta extraordinaria de emprego público de 2022 (estabilización). Previamente publicáronse os anuncios publicados no BOP de catro procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022 por concurso-oposición.