Martes, 29 xullo, 2025
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Promoción Económica, fai pública a creación dunha listaxe de agarda en relación á adxudicación de postos libres no mercado ambulante de Bertamiráns. Pódese consultar a listaxe no documento ao pé deste aviso.
Desde a Concellaría de Promoción Económica, infórmase da creación dunha listaxe de agarda en relación ás novas solicitudes de autorización recibidas para postos de venda ambulante no mercado de rúa de Bertamiráns. Deste xeito, comunicaráselle ás persoas interesadas a existencia de postos vacantes no mercado.
Descargas:




