- Tematica
Durante o período comprendido entre as 23:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización das seguintes actividades:
-Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
-Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
-Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
-Cumprimento de obrigacións laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
-Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.
-Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
-Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
-Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
-Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.
Esta medida será eficaz en todo o territorio nacional no momento da entrada en vigor deste Real Decreto, excepto nas Illas Canarias.
A franxa horaria poderá ser modificada nas próximas horas pola Xunta de Galicia.
Lembramos que continúan vixentes as demais limitacións establecidas pola Xunta de Galicia relativa xuntanzas sociais e aforo.