Pestanas principais

Liberados novos asentos para a gala da quinta edición de Youtubeiras

Martes, 23 novembro, 2021
Dende hoxe están dispoñibles novas localidades para a gala de finalistas de Youtubeiras, despois de que a organización confirmase a asistencia de finalistas e persoas da organización. As entradas poden obterse na ligazón ao pé do aviso, ou ben a través da billeteira electrónica do Concello de Ames.