Pestanas principais

Inscríbete no obradoiro municipal de viticultura e horticultura

Xoves, 26 setembro, 2019
Un ano máis, a Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina de Voluntariado (OVA), pon en marcha unha nova edición do obradoiro municipal de viticultura e horticultura. Esta actividade, que comeza no mes de outubro, impartirase todos os luns, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Para inscribirse neste seminario é preciso acudir á Oficina de Voluntariado de Ames, situada nas Casas da Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns, ou chamar ao número de teléfono 662 377 044.

Neste obradoiro trátanse todos os aspectos referidos ao cultivo e á saúde do viñedo como, por exemplo, as castes propias de Galicia, os marcos de plantación máis axeitados, as distintas maneiras de guiar os bacelos ou as técnicas de poda que se deben aplicar. Ademais, este ano o curso tamén abondará sobre o mundo da horticultura. Así, o seminario de viticultura supón unha maneira formidable de mellorar as explotacións vinícolas e hortícolas, tanto profesionais como domésticas.

Multimedia