Pestanas principais

Inscríbete e participa no Trouleando do mes de novembro

Xoves, 11 novembro, 2021
A Concellaría de Mocidade ten programada para o sábado 27 de novembro unha nova actividade do programa Trouleando. Será unha xornada de xogos de escapismo que conxuga diversión, aventura en equipo e moito misterio. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto do 11 ao 17 de novembro. Para inscribirse hai que enviar a ficha cuberta a omix@concellodeames.gal. As prazas, que son limitadas, cubriranse por orde de chegada das inscricións. Esta actividade é de balde e está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).