Pestanas principais

Inscríbete e participa na charla do programa Apego “Linguaxe e evolución do 'eu'”

Luns, 15 novembro, 2021
Continúa aberto o prazo de inscrición para a charla de Xurxo Mariño, biólogo, experto en neurociencia e divulgador científico, que volve a Ames para falarnos de linguaxe, a principal característica da natureza humana. "Linguaxe e evolución do eu" é o título da charla organizada polo Servizo de Normalización Lingüística de Ames dentro do mes da ciencia. A actividade, pensada principalmente para o público adulto, terá lugar este xoves, 18 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. As persoas interesadas en asistir poden anotarse enviando un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que indiquen nome e apelidos, teléfono de contacto e idade das crianzas que as acompañen.

Multimedia